vou empezar a traducción en galego

Discuss and coordinate development of mainline and user-made content translations.

Moderator: Forum Moderators

Post Reply
nihil

vou empezar a traducción en galego

Post by nihil »

hola! empecei a traducción en castelán ,pero como vexo que xa hai bastante xente nelo considero que estaría ven que concentrara as miñas forzas na traducción ó galego.Quén se anima a colaborar?Eu empezó xa esta tarde .
xoseotero

apúntome

Post by xoseotero »

Ola, alédome moito de que alguén se anime a face-la traducción :) Eu xa pensara en me pór coa traducción, pero ó ver taaaaantas liñas para traducir botoume para atrás.
Vamos, que me encantaría colaborar contigo. Sería a primeira vez que traduciría algo... así que non teño nin idea de como repartir o choio e todo iso... xa contarás :)
cobretti
Posts: 466
Joined: February 19th, 2004, 4:38 pm

Post by cobretti »

Eu estou bastante liado cos gráficos, pero se algunha vez fai falla axuda, avisade. Non é que sexa un traductor excelente, pero tendo un bo diccionario a man... :) . En calquera caso, se tedes algunha dúbida sobre termos técnicos/medievais, preguntade.

Saúdos, e sorte coas traduccións.
nihil

coordinación do traballo

Post by nihil »

Eu empecei a traducir algunhas cousas esta mañán, pero ó non ter un diccionario a mán algunhas palabras van un pouco así,así...
Ademáis estou tomando como plantilla a traducción que hai en castelán, (dáseme mellor có inglés :roll: )
Eu tampouco fixen nunca unha traducción pero algumha vez ten que ser a primeira; que che parece se asignamos alguns escenarios a cada un e despóis pasámonos os archivos para comentálos, rectificar se é necesario,claro;e solucionar dudas.
Como che dixen empecei coa plantilla do archivo de spanih.cfg,
pero creo que vou a pasar un pouco de facelo así , porque fáltanlle partes e paréceme mellor facelo por escenarios e despóis xuntar todo.
bueno...
eu vou a empezar cós primeiros escenarios, voume facer cun diccionario e traballar un pouco.
por certo que tipo de normativa queres , a oficial actual¿non?
xoseotero

Re: coordinación do traballo

Post by xoseotero »

nihil wrote:que che parece se asignamos alguns escenarios a cada un e despóis pasámonos os archivos para comentálos, rectificar se é necesario,claro;e solucionar dudas.
Perfecto.
nihil wrote:eu vou a empezar cós primeiros escenarios, voume facer cun diccionario e traballar un pouco.
Non sei se xa fixeches o tutorial, paréceche que eu me poña con el e que despois empeze dende o último escenario?
nihil wrote:por certo que tipo de normativa queres , a oficial actual¿non?
Si... intentarei :)
palloco
Posts: 136
Joined: April 3rd, 2004, 9:28 pm

Post by palloco »

Non fai falta que vos matedes a a traballar, hai varios traductores galego-castelan e viceversa. Eu usei o Taiga, que está moi ben e traduce a minimos ou maximos(é dicir o non oficial), así que incluso poderiades facer varias versións:
Ao final desta paxina tedes varios:
http://webs.uvigo.es/sli/virtual/galego.htm
E aqui otro que non probei:
http://usuarios.lycos.es/webalen/Versions.htm
xoseotero

Tutorial rematado

Post by xoseotero »

Xa rematei o tutorial e o último escenario (que entrou hoxe/onte no CVS). Qué fago, métoo aquí como adxunto? (O ficheiro ocupa 50KBs comprimido...).

Unha dúbida: como está o tema das segundas formas do artigo? "Pechar a porta" ou "Pecha-la porta"?
Non fai falta que vos matedes a a traballar, hai varios traductores galego-castelan e viceversa.
Pois non mirei os traductores estes, como se queira.
nihil

traducción

Post by nihil »

Sí, poñemos a traducción para descarga, para vela os demáis e opinar ,se é necesario.
Entón vou empezar cos primeiros escenarios ;e os nomes dos personaxes ¿cómo facemos?¿que che parece se cada un fai unha lista e expona? Despóis se coincidimoss,ben ,se non xa discutiremos.
veña.
xoseotero

Re: traducción

Post by xoseotero »

Pois ahí vai o que levaba feito. Poderíamos seguir a partires de do ficheiro este para en vez de ir subindo o ficheiro enteiro, ir pasando diffs o algo así.
nihil wrote:¿que che parece se cada un fai unha lista e expona? Despóis se coincidimoss,ben ,se non xa discutiremos.
A min agora apetecíame empezar coa interface (botóns e esas cousas), e despois dame absolutamente igual.

Ti que preferencias tes?
nihil

dous primeiros escenarios

Post by nihil »

Fixen os dous primeiros escenarios;o nome do segundo escenario non se cambia ,non sei porqué, a ver se o podes solucionar ti,despois niongún problema de máis importancia;(mírao ,a ver que tal).


Mirei o teu, e tiña pequenos despistes de letras e pouco máis atopei(inclúo un arquivo coas liñas que propoño cambiar).Ademáis teño
algunha cuestión máis:
enemigos ou inimigos ou enimigos?
humáns ou humanos?
estrada ou camiño?
xove ou xoven?
escuro ou oscuro?
cando colle konrad o caxato aparece en inglés ,saberías solucionalo?

Ademáis inclúo o escenario dos Elfos do Norte que o fixen porque é o primeiro que non está en castelán.

Isto é todo
xoseotero

Re: dous primeiros escenarios

Post by xoseotero »

nihil wrote:Fixen os dous primeiros escenarios;o nome do segundo escenario non se cambia ,non sei porqué, a ver se o podes solucionar ti,despois niongún problema de máis importancia;(mírao ,a ver que tal).
Nin idea de porque non aparece traducido. Voume ter que pór a chapar WML :)
nihil wrote:Mirei o teu, e tiña pequenos despistes de letras e pouco máis atopei(inclúo un arquivo coas liñas que propoño cambiar).
Xa fixen os cambios e metinos no galician.cfg.
nihil wrote:Ademáis teño algunha cuestión máis:
A miña proposta é:
enimigos ou inimigos, eu prefiro a segunda
humanos
camiño queda mellor
xove
escuro

Eu teño tamén unhas dúbidas:
ao ou ó?
abri-la porta ou abrir a porta?
nihil wrote:cando colle konrad o caxato aparece en inglés ,saberías solucionalo?
Parece que o texto non está para traducir... non entendo nada de WML así que tp sei como o solucionar. :(
nihil wrote:Ademáis inclúo o escenario dos Elfos do Norte
Teño unha proposta, en vez de "acadar o bosque", por que non "chegar ó bosque"? A min sóame mellor, que che parece?
nihil wrote:Isto é todo
Que non foi pouco! :)

Páso o galician.cfg cos cambios que me propuxeches e as túas traduccións coas miñas propostas, a ver que che parece.
Agora poñereime coa traducción da interface, a ver se mañá o pasado xa o subo.
nihil

dacordo en todo

Post by nihil »

Estou dacordo coas túas propostas.
Con respecto ás túas dúbidas case mellor utilizar:
ó
pecha-la porta
Vou seguir facendo escenarios e tamén a interface(para despóis comparar ,e tal)
Veña.
xoseotero

Re: dacordo en todo

Post by xoseotero »

Fixen unha boa parte da interface, falta o nome e descripción das armas que son 100 liñas en total (deixoas para mañá). Tiven que mirar varias veces na traducción ó castelán, a ver se non metín castelanismos...
Tamén cambiei as cadeas para a forma "pecha-la porta".

En galego.tar.gz está o galician.cfg e un interface_galician.cfg coas cadeas da interface nada más para que vexas os cambios máis claramente.

Teño problemas á hora de traducción éstes termos:
  • Game lobby
    grid
    HP e XP déixanse como están?
    Leadership
    shorud
    tile
    blade
    a etiqueta multiplayer_save_name
Deica logo.
nihil

.

Post by nihil »

-Game lobby->non o teño moi claro
se serve de algo este é o significado de lobby :vestíbulo,antecámara,antesala,recepción,recibidor,sala de descanso,sala de espera;pasillo,corredor;grupo de presión
Eu creo que o mellor sería "Antesala de xogo"

-grid->"cuadrícula" "rede"

-HP e XP déixanse como están?->eu creo que si

-Leadership->"liderazgo"

-shorud->refíreste a "shroud" ¿non?.Significa:mortalla,sudario,manto...

-tile->"baldosa","ladrillo","losa","tella"

-blade->,significa filo de espada ou algo así

-a etiqueta multiplayer_save_name=?¿
Post Reply